Datos de usuario

Empregue esta lapela para introducir ou editar datos de usuario. Pode que algúns datos xa fosen introducidos polo usuario ou pola administración do sistema ao instalar o LibreOffice.

Para acceder a esta orde...

Escolla - LibreOffice - Datos de usuario.


Os modelos e asistentes de LibreOffice usan os datos de usuario. Por exemplo, os campos de datos "Nome" e "Apelidos" úsanse nos novos documentos para encher automaticamente o campo de autor. Isto pode apreciarse en Ficheiro - Propiedades.

Algúns datos inclúense automaticamente nun dicionario interno para que o verificador ortográfico os recoñeza. O programa pode utilizar eses datos para suxerir substitucións cando se produzan erros de escrita. Calquera modificación realizada nos datos só terá efecto tras reiniciar LibreOffice.

Os datos do usuario tamén se empregan ao comentar e no modo de seguimento de cambios para identificar o autor de comentarios/edicións; e para marcar a última posición de edición nun documento para que cando o autor abra o documento máis tarde este se abra na última posición editada.

Posición do cursor

En xeral, ao abrir calquera documento o cursor encóntrase no inicio do documento.

One exception appears when the author of a Writer text document saves and reopens a document: The cursor will be at the same position where it has been when the document was saved. This only works when the name of the author was entered in - LibreOffice - User Data.

Enderezo

Utilice o campo Enderezopara introducir e editar os seus datos persoais de usuario.

Empresa

Introduza o nome da súa empresa neste campo.

Nome

Introduza o seu nome.

Apelidos

Introduza o seu apelido.

Iniciais

Introduza as súas iniciais.

Rúa

Introduza o nome da súa empresa neste campo.

CP

Introduza o seu código postal neste campo.

Cidade

Introduza a cidade na que vive.

País

Introduza o seu país.

Estado

Introduza o estado ou comunidade autónoma.

Título

Introduza o seu título neste campo.

Posición

Introduza o seu cargo na empresa neste campo.

Tel. (Privado)

Introduza o seu número de teléfono privado neste campo.

Tel. (Empresa)

Introduza o seu número do traballo neste campo.

Fax

Introduza o seu número de fax neste campo.

Correo electrónico

Introduza o seu enderezo de correo electrónico. Por exemplo, rosalia.castro@exemplo.gal

Criptografía

Indique a chave pública preferida para o cifrado con OpenPGP e sinatura dixital. Estas chaves preferidas serán preseleccionadas na caixa de diálogo de selección de chaves cada vez que asine ou cifre un documento para non as ter que seleccionar manualmente ao asinar cunha chave determinada con frecuencia.

Chave de asinado OpenPGP

Seleccione a súa chave OpenPGP da lista despregábel para asinar documentos ODF.

Chave de cifraxe OpenPGP

Seleccione a súa chave OpenPGP da lista despregábel para asinar documentos ODF.

Ao cifrar documentos, cifrar sempre para min

Marque esta opción para cifrar tamén o ficheiro coa súa chave pública, de xeito que poida abrir o documento coa súa chave privada.

warning

Manteña esta opción seleccionada se desexa poder descifrar documentos que teña cifrado para outras persoas.


Precisamos da súa axuda!