Axuda

O menú da Axuda permite iniciar e controlar o sistema da Axuda de LibreOffice.

Axuda de LibreOffice

Abre a páxina principal da Axuda de LibreOffice do aplicativo que está a ser usado nese momento. Desprácese a través das páxinas da Axuda e busque termos do índice ou outro texto.

icona

Axuda de LibreOffice


Que é isto?

Activa as suxestións de axuda adicionais baixo o apuntador do rato ata que se volva premer.

Icona

Que é isto?


Guías do usuario

Abre a páxina de documentación no navegador web, desde onde os usuarios poden descargar, ler ou comprar guías de usuarios do LibreOffice escritas pola comunidade.

Obter axuda en liña

Abre a páxina de asistencia da comunidade no navegador web. Use esta páxina para preguntar sobre como usar LibreOffice. Para obter asistencia profesional cun acordo sobre o nivel de servizo consulte a páxina de asistencia profesional de LibreOffice.

Enviar comentarios

Abrir un formulario para enviar comentarios no navegador web no que os usuarios poden informar de fallos do software.

Reiniciar en modo seguro

O modo seguro é un modo no que LibreOffice inicia temporalment empregando un perfil de usuario novo e desactiva a aceleración por hardware. Este modo axuda a restaurar unha instancia bloqueada de LibreOffice.

Información sobre a licenza

Amosa o cadro de diálogo da licenza e da información legal.

Créditos de LibreOffice

Amosa o documento CREDITS.odt no que se inclúe a lista cos nomes dos colaboradores que contribuíron no código fonte de OpenOffice.org (e con contribucións importadas a LibreOffice) ou a LibreOffice desde 28-09-2010.

Comprobar se hai actualizacións

Permitir unha conexión á Internet para LibreOffice. Se precisa dun proxy, prema a configuración de proxy do LibreOffice en - Internet. Alí, escolla Comprobar se hai actualizacións para comprobar a existencia dunha versión máis nova desta suite de ofimática.

Sobre LibreOffice

Mostra información xeral sobre o programa, como o número de versión e os copyrights.

Versións e números de compilación

Activar e desactivar as suxestións adicionais

Xanela da Axuda de LibreOffice

Suxestións e suxestións adicionais

Índice - Busca de palabras chave na Axuda

Localizar - Busca en todo o texto

Xestión de marcadores

Contido - Temas principais da Axuda